Libros gratuítos na Tenda Kindle de Amazon

A partir de agora os libros electrónicos editados pola Oficina de Información do Opus Dei poden descargarse gratuitamente desde a Tenda Kindle de Amazon. Polo de agora só en castelán. Pódense ler en calquera dispositivo da familia Kindle e tamén noutros computadores, móbiles ou tabletas a través das aplicacións gratuítas de Amazon.

Do Opus Dei

Os usuarios da plataforma Kindle poderán atopar para descarga gratuíta libros (en castelán) como:

- O Papa Francisco en Brasil

- 50 preguntas sobre Xesús

- Encíclica Lumen Fidei

- Primeiras palabras do papa Francisco

- Homilías de Semana Santa do Papa Francisco

- Concilio Vaticano II - Documentos completos

- Catecismo da Igrexa católica - Compendio

- Fe e razón segundo Bieito XVI

- Encíclicas de Bieito XVI

- Resumos de fe cristiá

O libro 'O Papa Francisco en Brasil', con todas as intervencións do Papa Francisco na JMJ de Río de Janeiro.

Para ler estes libros pódese utilizar calquera dispositivo Kindle, ou ben a aplicación gratuíta Kindle , dispoñible para computadores, teléfonos e tabletas.

Para descargar os libros, siga as ligazóns que aparecen ao comezo deste texto, búsqueos na tenda Kindle, ou atope as ligazóns en nosa " Guía de libros electrónicos ".