La Veguilla: integración laboral e investigación

Entrevista a Xosé Alberto Torres, recollida en "El Faro de Vigo", 15/04/2012

Cando algunhas persoas veñen aquí a comprar barato porque ven que os traballadores son discapacitados chan dicirlles que aquí non vendemos caridade, senón calidade... "se queren facer caridade que nos manden un cheque!". Ao pontevedrés Xosé Alberto Torres gústalle falar claro e de paso acabar con algúns tópicos sobre os discapacitados psíquicos.

Experiencia non lle falta. Xosé Alberto leva trinta anos á fronte da Veguilla, uns viveiros de 9 hectáreas situados na Comunidade de Madrid que producen cinco millóns de plantas ornamentais ao ano e nos que traballan preto de cen acodes con distintos graos de discapacidade psíquica. Aínda que a maior parte da produción queda en España, tamén exportan flores a Holanda, Dinamarca e varios países da antiga Unión Soviética.

A Veguilla é unha florecente empresa que conta con laboratorios propios de investigación; é tamén un centro ocupacional, pero sobre todo é un modelo de integración laboral para uns mozos e mozas aos que até fai ben pouco considerábaselles incapaces para o traballo. "Son novos que veñen moi afundidos porque ninguén se fía deles, nin sequera os seus pais" -comenta Xosé Alberto-.

Máis dun díxome: "é que ninguén se fiou de nós como vostede, que mesmo nos deixa conducir un coche se temos o carné". Hai que ofrecerlles a oportunidade de facer algo por si mesmos".

Unha Veguilla en Galicia? Esta mesma semana, unha persoa de Pontevedra púxose en contacto Xosé Alberto para ver a posibilidade de crear unha institución similar na nosa comunidade. "Chámanme de todo o mundo", di o director do centro, ao que entrevistaron en diversos medios internacionais, entre eles no diario alemán "Frankfurter Allgemeine Zeitung".

E é que o modelo da Veguilla empeza a estenderse. De feito, a fundación que a promove adquiriu 30 hectáreas en Lisboa para construír alí novos invernadoiros coa mesma filosofía. "A nosa filosofía -engade Torres- é o traballo dos discapacitados e que poidan ter, cando os seus pais morran, unha casa onde vivir, pagada co esforzo do seu traballo e coa axuda da fundación que promove a empresa naqueles casos en que non sexan capaces de cubrir as súas necesidades".

Entre petunias, geranios, begonias, azaleas, margaridas e outra trintena de variedades máis, na Veguilla os discapacitados son conscientes da súa responsabilidade."Nunha ocasión -comenta o seu director- achegóuseme un rapaz moi afectado e díxome: que pasa D. Xosé Alberto, que non se vende? Cando uns meses máis tarde, na primavera, empezamos a distribuír miles de flores mostrábase feliz e dicíame: "se non estivésemos nós non habería xardíns en Madrid".

Outro momento moi especial foi cando un dos primeiros empregados da Veguilla, natural de Galicia, casou con outra traballadora do centro. Xosé Alberto lembra aínda con emoción unha voda que a moitos parecía unha tolemia e na que foi padriño. Pouco despois, os novos esposos expuxéronlle o seu desexo de ter un fillo e preguntáronlle se sería "como eles".

Xosé Alberto contestoulles que probablemente non o sería, pois a súa condición non era xenética. O fillo xa cumpriu quince anos e é o gran orgullo do matrimonio, xunto á satisfacción de ver como crecen a diario as flores da Veguilla e como adornan os xardíns de Madrid.

Grazas á calidade do seu traballo, A Veguilla empeza a ser un referente internacional na investigación e obtención de novas plantas ornamentais: cores máis vivas, pétalos de maior tamaño, ribetes brancos ou azulados... Como sinala Xosé Alberto Torres, a investigación "é fundamental para ampliar o noso traballo e facilitar os nosos achados a outras persoas en calquera parte do mundo".

Ao longo destes trinta anos, Xosé Alberto Torres vai vendo como estes mozos e non tan novos -nos invernadoiros traballan persoas de entre 22 e 66 anos- souberon corresponder á confianza que depositou neles. O que pretende A Veguilla é promover o traballo "e todo o que o traballo leva consigo; o traballo supón cansazo e esforzo, pero neste caso leva á satisfacción de saber que son capaces de facer algo para o que antes se consideraban incapaces,e de facelo moi ben". Na súa opinión, é fundamental que todos teñan unha ocupación e asuman certas responsabilidades.

Dignidade do traballo

Membro agregado do Opus Dei, Xosé Alberto está convencido de que o traballo dignifica ao ser humano, porque "como se le na Biblia e adoitaba lembrar San Josemaría, o home naceu para traballar. Por iso propúxenme que estas persoas,que tamén están chamadas á santidade, descubrisen nas súas tarefas diarias un medio para atopar a Deus e para servir aos demais".

Pero home! -dicíame unha persoa-. Facer traballar precisamente a unhas persoas que se poden librar desa carga!. "É unha concepción falsamente misericordiosa da deficiencia mental e unha idea empobrecida do traballo".

Ademais de traballar, na Veguilla viven na actualidade un vinte persoas discapacitadas. Trátase de persoas que perderon aos seus pais ou que a súa familia vive lonxe de Madrid. Forman parte da gran familia da institución. Pagan os gastos da estancia co que gañan do seu traballo e mesmo poden aforrar algo para os seus gastos.

"Desde un punto de vista egoísta, para min cada mozo supón un problema, porque me comprometo a coidar deles durante toda a súa vida, salvo que os pais queiran o contrario. Por iso cando se vai alguén estou feliz por min mesmo, pero triste polo rapaz, porque sei que moitas veces lle van a facer a pascua porque non o van a saber coidar", conclúe Torres.

J.A. Otero Ricart