Inma Shara: "Os valores de Harambee son os que fan falta para crear unha sociedade mellor"

A elegante directora de orquestra española Inma Shara, foi a batuta do Concerto A Team for the World, África, un evento benéfico que serviu para recadar fondos para os proxectos de Harambee, e para celebrar o seu décimo aniversario.

O sábado 2 de febreiro, Inma Shara conquistou de novo ao público. Ovación pechada na Sala de Cámara do Auditorio Nacional de Madrid. A directora de orquestra que revolucionou o panorama musical español é, sobre todo, unha gran persoa.

Co seu traxe negro de elegancia, a súa sabedoría, o seu tesón e os seus dotes artísticos mundialmente recoñecidas, Inma Shara dirixiu o Concerto A Team for the World, África organizado a beneficio dos proxectos solidarios que Harambee promove no continente africano. Co patrocinio da Fundación Atlético de Madrid, e o apoio de La Caixa e a Universidade da Rioxa, a nova batuta de España e a Camerata Prol Arte brindaron con música de ouro pola África do futuro e polos 10 anos de Harambee.

Moita xente fala de África. Pero Inma Shara móllase por África.

Para min, a liberdade profesional é a música, e a liberdade persoal é África. E tan é así, que teño a necesidade de ir alí todos os anos. África é unha alegría de vivir, a pesar da miseria. É a mostra dun espírito de esperanza incrible. África necesita o compromiso de todos, porque é un continente no que faltan, non só recursos económicos, senón tamén culturais, sanitarios. Todo o que fagamos por axudar é pouco.

Que necesitan os africanos que se poida solucionar cunha boa música?

Non podemos esquecer que a orixe da música tamén está en África. A música é unha forma de comunicación, de expresión, de esperanza... Coa música pódese solucionar todo, porque establece pontes afectivas entre solidariedade e compromiso. Para min, a música é a linguaxe universal por excelencia, xa que por medio dela, o espírito aliméntase e espértase a mente. A música está nunha capa por encima da parte racional. A razón guíanos e os sentimentos son os que nos mobilizan, e aí está a música. Necesitamos mobilizar á sociedade, para axudar a outras sociedades que necesitan tanto, e non só unha axuda conxuntural, necesitan sentir a calor dos seres humanos.

Unha muller con talento sobre o escenario para axudar ás mulleres con talento que non están, precisamente, no escenario... Que lugar está destinado para a muller africana?

Ten unha relevancia esencial. O noso papel debe ser darlles as ferramentas oportunas para que sexan proactivas no seu propio contorno. Ensinarlles a crer na súa propia identidade. A nosa obrigación non é só promover partidas económicas, senón ter un compromiso sólido de identificarnos co seu proxecto, respectando a súa cultura e a súa propia identidade. Dotando de recursos para que as mulleres e os homes de África sexan donos da súa propia contorna: esa é a mellor maneira de axudar.

Dar ferramentas para que eles mesmos sexan protagonistas do seu progreso. É esa filosofía a que lle fai cómplice de Harambee?

Por suposto. Vexo a limpeza, a transparencia e a ilusión que pon Harambee no seu compromiso con África e iso conquistoume.

Harambee naceu hai agora 10 anos con motivo da canonización de San Josemaría Escrivá de Balaguer. Coñece a súa mensaxe? Opus Dei: traballo ben feito, xente que se implica co futuro da sociedade?

... capacidade de sacrificio, responsabilidade... Todos eses valoren son os que me identifican con Harambee. O seu traballo con suma transparencia e xenerosidade, o seu código de circulación ética admirable... Eu recibín esa formación e creo, sinceramente, que estes son os valores que fan falta para crear unha sociedade mellor. Ademais, como persoa, un se sente máis premiada.

Será posible que África sexa unha orquestra na que todos traballen todos a un tempo?

Temos que conseguilo. Debemos ser unha orquestra todos: África, Europa, América? Habemos de traballar para ser unha sinfonía perfectamente equilibrada: a gran obra, isto debe ser. O compromiso de todos os seres humanos. As ONG e fundacións fan un traballo admirable, pero a miseria que atopas en certos países require un compromiso político. Todos temos que pór voz e presenza para sensibilizar aos protagonistas da esfera política.

Con este concerto, uníronse dunha maneira especial solidariedade, música, arte, e deporte?

Estou moi agradecida á Fundación Atlético de Madrid pola súa gran sensibilidade pola cultura, e neste caso, a música. Sen eles non fose posible este proxecto. Desde a música e o deporte, que son dous traballos en equipo, pódense facer moitas cousas grandes. É estupendo que un equipo como o Atlético de Madrid teña a sensibilidade para implicarse tanto nun proxecto cultural con raíces solidarias.

Máis aló do tres puntos de cada fin de semana, podemos dicir que con este concerto, o Atleti meteu varios goles máis interesantes?

Así o penso, de verdade que si.