Indulxencias concedidas pola Santa Sé

Nestes días, os familiares dos fieis do Opus Dei e dos socios da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz poden beneficiarse dunha indulxencia concedida polo Santo Padre.

Reproducimos aquí unha tradución nosa en galego do decreto orixinal latino enviado pola Penitenciaría. PENITENCIARÍA APOSTÓLICA

------

BEATÍSIMO SANTO PAI,

Xavier Echevarría Rodríguez, Prelado da Prelatura persoal da Santa Cruz e Opus Dei, manifesta a Súa Santidade a debida obediencia e veneración filial, e suplica humildemente que a Súa Santidade dignese conceder as seguintes Indulxencias:

I.- en favor dos que participan nas celebración litúrxicas que a Prelatura de la Santa Cruz e Opus Dei e a Sociedade Sacerdotal de Santa Cruz adoita promover, no triduo anterior á solemnidade da Natividade do Señor e da Pascua, para o progreso espiritual das familias dos seus fieis e dos seus socios: a. - Indulxencia plenaria que se poderá lucrar cumpridas as condicións habituais (confesión sacramental, comuñón eucarística e oración segundo as intencións do Sumo Pontífice) se, con espírito de verdadeira penitencia, participan en todas as celebración do triduo; b.- parcial, que poderán obter os que asistan contritos ás funcións sagradas algún das días do triduo;

II.- para os pais, irmáns e irmás dos fieis da Prelatura e dos socios da Sociedade Sacerdotal, así como para os cónxuxes, fillos e fillas dos fieis supernumerarios: Indulxencia plenaria coas condicións habituais, que se poderá lucrar o día da festa da Sagrada Familia de Jesús, María e José se, con espírito de verdadeira penitencia, participan nunha función sagrada.

E Deus, etc.

Día 14 de maio de 2008

A Penitenciaría Apostólica, por mandato do Sumo Pontífice, accede benignamente segundo a petición a esta graza, por sete anos. Non obstante calquera disposición contraria.

James Francis S.R.E. Card. Stafford

Penitenciario Maior

† Gianfranco Girotti, O.F.M. Conv.

Ob. Tit. de Meta, Rexente