III Xantar Solidario

Unha actividade solidaria de "Sabor emprendedor"

Por terceiro ano consecutivo organizouse, o sábado 28 de novembro, en Fonteboa o Xantar Solidario, un cocido elaborado con produtos locais (repolo, grelos, etc) en boa parte doados por produtores da zona e por outros que colaboran coa EFA: Asoporcel (Asociación de Produtores de Porco Celta), Matadoiro Costa da Morte, Carnicería Casa Elías, etc. Asistiron ao evento 150 persoas. A recadación foi destinada a Cáritas Interparroquial de Bergantiños (1.000€) e á Asociación Internacional de Maisons Familiales Rurais (600€) para axudar ao desenvolvemento de proxectos formativos en países de Africa e Sudamérica.
Esta actividade forma parte do proxecto Sabor Emprendedor que desde fai hai anos desenvolven os alumnos de Formación Profesional de Fonteboa e que ten a finalidade de promocionar os produtos locais e de calidade, achegar os produtores aos consumidores e tamén formar, ademais na mercadotecnia, nos valores sociais como a solidariedade.
Antes do cocido tivieron lugar os actos protocolarios nos que interviñeron os organizadores, o Presidente da Asociación EFA Fonteboa, Juan Camafreita, do Director de Cáritas, Francisco Suárez, e o Secretario Xeral das EFA de Galicia, Enrique Rodríguez, que estableceu un vídeo-conferencia cos responsable dun centro de formación de Guatemala integrado na AIMFR.
Ao final da comida houbo varios sorteos de agasallos doados por diversas empresas da zona, todo iso animado pola actuación musical da charanga "Escándalo", de Vimianzo e "As Cantareiras" de Baldaio. O bo facer dos alumnos organizadores do evento e a boa acollida por parte dos responsables da EFA fixeron que resultase unha xornada moi agradable para todos; estábase tan a gusto que custaba despedirse e así a sobremesa e as despedidas prolongáronse até ben entrada a tarde.
Tanto os responsables de Cáritas como da AIMFR manisfestaron o seu agradecemento non só polos donativos, senón polo proxecto educativo que sustenta este tipo de actividades promovidas por mozas, dado que o acto estivo organizado polos alumnos de 1º de CFGS do centro, pois son os que este curso se encargan do programa "Sabor Emprendedor".