“Houston, en Vigo non temos ningún problema”

Sete asistentes ás II Xornadas de Novos Científicos organizadas pola Asociación Xuvenil Doira, realizan o primeiro mini satélite europeo elaborado por mozos.

 As II Xornadas de Novos Científicos foron organizadas pola Asociación Xuvenil Doira, e promovida por importantes empresas internacionais e nacionais. Ao acto de clausura asistiron autoridades científicas nacionais, da comunidade autónoma, da cidade, e directivos de empresas patrocinadoras. 

Os sete novos científicos, de idades entre 15 e 18 anos, expuxeron o proxecto “Construción dun mini-satélite autónomo de comunicación”, e recibiron os diplomas de participación e os billetes para acudir ao Certamen ARLISS da Universidade de Stanford, en EE.UU.

Os sete rapaces proceden da seleción de todos os novos de diferentes centros de ensinanza que se inscribiron en febreiro.

As Xornadas leváronse a cabo en dez fins de semana, e nelas impartíronse as clases teóricas necesarias para o proxecto, adicando tempo ao estudo, así como sesións humanísticas, que complementan e reforzan as habilidades técnicas e científicas; e por suposto moito tempo de traballo na elaboración do mini satélite.

Estas xornadas completáronse con visitas a empresas tecnolóxicas.