Hospilandia

Actividade de voluntariado en Santiago de Compostela organizada polo Colexio Maior La Estila

Do Opus Dei

Tódolos mércores dende o Colexio Maior La Estila organizamos unha actividade de voluntariado hospitalario que se deu en chamar “Hospilandia” na que os rapaces do colexio maior, do clube universitario, e os seus amigos, imos ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a pasar a tarde cos  nenos que están alí ingresados e axudar a que por unha poucas horas olviden a súa hospitaliación.

Cando chegamos ao hospital xa todos saben quenes somos, moitas veces imos xa disfrazados. Os nenos que nos coñecen xa están agardando, ademais imos cuarto por cuarto chamando aos demais nenos.

Axúdanos moito Ruth Gómez, que é a Directora da Escola Infantil do Hospital, que leva por nome “Camilo José Cela”, ela é a que coordina a actividade dende o hospital, ademais de ser unha persoa moi comprometida e moi querida por todos.

O que máis necesitan os nenos do hospital é esquencerse do lugar onde están por iso, entre cancións, xogos e risas facemos que tanto eles como os seus familiares pasen rato agradable.

Por Nadal, representámoslles unha obra de teatro especialmente dirixida aos máis pequenos, que fai as delicias de todos, novos e non tan novos. Na obra participan moitos dos residentes do colexio maior, como actores, preparando os disfraces, gravando vídeos, etc.

É unha labor moi agradecida, porque o sorriso dun neno enfermo paga con creces o esforzo de ir e de preparar a actividade. Isto fai que cada semana se sumen novos rapaces para participar desta actividade, demostrando que os universitarios de Santiago son moi solidarios.

Unha nena (Isabel) esperaba a nosa chegada. Sua nai pensou que era martes, así que díxolle que non viríamos ese día. Ela entristeceuse moito, pero ao chegar foi correndo cara a escola do hospital para xogar con nos. Esa nena tiña un cáncer moi agresivo. Os xogos eran a súa distracción. Pero curouse uns meses despois.

  • José Antonio Constenla