Formar habilidades de liderado dende a xuventude

O Club Xuvenil Senra, de Santiago de Compostela, aplica un plan de formación en valores a través dunha atractiva oferta de actividades.

Xóvenes do Club Senra facendo un programa de radio

O Club Xuvenil Senra desenvolve actividades de tempo libre destinadas a xente nova en Santiago de Compostela dende hai máis de 40 anos. Campamentos, talleres, campionatos deportivos, programas de estudio... Dende o ano pasado, en colaboración cun profesor do Instituto de Estudios Superiores da Empresa de Barcelona (IESE), desenvolveu o Programa Leader100 , un ambicioso plan de formación que pretende a adquisición de 100 habilidades de liderado. O obxectivo fundamental é adquirir habilidades e coñecementos que axuden aos rapaces a mellorar as súas capacidades e a prepararse para as responsabilidades do futuro.

Competencias como orde, iniciativa, mentalidade aberta, fortaleza e por suposto estudio, están desenvolvidas por obxectivos trimestrais. O programa ten como principais ferramentas as autoavaliacións que realizan pais e participantes, o coaching (ou seguimento semanal), e as actividades da Asociación, nas que se busca a proactividade dos rapaces.

Actividade de estudio nun curso de idiomas

Con esta finalidade o Club Xuvenil leva a cabo un programa de estudio, enfocado a conseguir unha autonomía dos rapaces no proceso de aprendizaxe: que eles mesmos prioricen metas, manexen o seu tempo, controlen o seu esforzo e rematen as tarefas.

Os rapaces maiores, a partir de 3º da ESO, realizan un programa semanal de radio, co que aprenden a practicar o debate e a exposición en público. Ademais conta cunha hora semanal de conversación en inglés, actividades deportivas, excursións, e un programa de solidariedade que inclúe acompañamento a nenos enfermos no Hospital Clínico os sábados pola mañá.

Os máis novos, dende 4º de Primaria a 2º da ESO, contan con teatro e interpretación, manualidades, esgrima, fútbol sala; e en breve dará comezo a rodaxe dunha curtametraxe.