Fin de Curso en Bande (Ourense)

A Asociación Bande de Ourense celebrou un festival musical para pechar o curso

Do Opus Dei

A Asociación Cultural Bande celebrou, no Auditorio de Ourense, un festival como peche ás actividades do curso 2014-2015. Antes de acceder á sala as familias puideron contemplar a tradicional exposición de pintura.

As nenas de Primaria que asistiron ás actividades durante o curso interpretaron o musical "A volta ao mundo en 80 días", unha adaptación da novela de Xullo Verne.

Este ano a representación fíxose en rigoroso directo, coas voces orixinais en directo das actrices.

Durante o verán continúan as actividades coas convivencias e campamentos para todas as idades comprendidas entre os 9 anos até os 18 en Asturias, Pontedeume, Londres, etc.