Estrea da páxina web do Opus Dei en galego

A iniciativa nace ao cumprirse o quinto aniversario da canonización de San Josemaría Escrivá. A Prelatura del Opus Dei ofrece información na súa páxina oficial (www.opusdei.org) en vintecinco idiomas. Agora, incorporou o galego. A dirección é www.galego.opusdei.org.

Do Opus Dei

En 1928, Deus inspirou en Madrid a san Josemaría Escrivá o Opus Dei. Actualmente, esta institución da Igrexa que promove a santificación do traballo e a vida familiar está extendida por todo o mundo.

Por iso, a web oficial do Opus Dei ofrece actualmente os seus contidos en vintecinco idiomas diferentes: castelán, inglés, francés, neerlandés, chinés, ruso, sueco, catalán... Agora, a estas linguas incorporouse o galego, falado por máis de dous millóns de persoas. A páxina web ten contidos propios de ata 61 países diferentes.

Ao igual que na versión castelá, a páxina do Opus Dei en galego inclúe seccións fixas, o contido das cales non se modifica, e seccións móbiles, nas que a información se renova periodicamente para informar da actualidade da Prelatura, incorporar novos testemuños, etc. A web permite ver vídeos, ler cartas do Prelado, coñecer o desenvolvemento ou a historia do Opus Dei en Galicia, ou escribir á Oficina de Información para consultar dúbidas.

San Josemaría Escrivá, fundador do Opus Dei, visitou Galicia por primeira vez en xullo de 1938, con ocasión do Ano Santo de 1937, que se estendeu un ano máis a consecuencia da Guerra Civil. Ademais, fixo outras viaxes a Galicia para preparar os comezos do labor apostólico, e para impulsar distintas iniciativas educativas e sociais promovidas por diversos membros da Obra, como o Colexio Maior A Estila, inaugurado en 1948. A última ocasión na que visitou terras galegas foi en 1961.

En 1968 publícase Camiño, a edición galega de Camino, o libro máis coñecido de san Josemaría Escrivá. En 1991 publícase unha segunda edición e en 2006 foi traducido ao galego o seu libro Via Crucis.