Este Nadal: Un musical solidario [Vigo]

O día 14 celebrarase en Vigo un musical solidario para recadar fondos para o Banco de Alimentos

O 14 de Decembro a Asociación Aboal (Vigo) organizou unha actividade solidaria para axudar ao Banco de Alimentos. Todo Aboal leva tres meses ensaiando: pais, nais, fillas e fillos... para representar unha grande obra musical: A Christmas Carol.

Os venres e sábados Aboal transformase nunha gran escola de Teatro onde hasta o máis aprendiz atopa o seu papel... Vestiarios, puntadas... luces, cámara e ¡acción! Un encontro de aproximadamente 40 familias, 70 actores e 40 colaboradores que están a facer realidade o soño de saír ao escenario en familia por unha causa común. Nestas datas nas que a Solidariedade non só é un valor senón unha necesidade, todos podemos facer algo mais.

Como entrada á actuación poderase levar 1Kg de alimentos non perecedoiros ou 2 euros. Esta aportación se entregará ao Banco de Alimentos de Vigo.

Participa no EVENTO