Escola de líderes no Colexio Maior La Estila

Residentes e socios dol club universitario La Estila [Santiago de Compostela] participan nun programa de liderazgo

Unha das sesións no Colexio Maior La Estila

Neste programa participan 25 universitarios e realízase entre os meses de outubro e xaneiro impartido polo coach experto no tema Javier Milán Fitera.

Segundo o director do Programa Javier Milán "estas sesións teñen a súa orixe na sedución intelectual de pensar no importante".

Ao longo das sesións que compoñen este programa preténdese que os participantes reflexionen sobre as claves do éxito da súa vida e da vida dos que lles rodean, buscando que adquiran novas habilidades sociais que lles permitan, ter máis seguridade neles mesmos, gañar en autoridade e respecto ante os demais, esixir á vida e aos demais o que lles corresponde, desenvolver unha personalidade equilibrada e atractiva, confiar nun mesmo e nas súas opinións, desenvolver un maior autocontrol emocional, influír mellor e máis positivamente nos demais, aprender a fixarse metas na vida, etc.

A xuízo dos participantes e da súa implicación nas sesións esta actividade está a ser todo un éxito, tal e como se deduce das avaliacións e achegas que realizan.