EDUCAR No Val do Chalco (Mexico)

Cando viaxaron a México, tanto Xoan Paulo II como Mons. Álvaro del Portillo alentaron ás familias cristiás a mellorar a educación das persoas necesitadas. Un grupo de fieis do Opus Dei promoveu Meyalli e Acuautla, dúas escolas para nenas e nenos respectivamente no Val do Chalco (Cidade de México), un dos barrios máis desfavorecidos da capital. Hoxe edúcanse alí 1.500 rapaces

Iniciativas sociais

En 1983, Mons. Álvaro del Portillo, Prelado do Opus Dei, reunido cun grupo de profesionais e empresarios nunha casa preto da lagoa de Chapala, en Jalisco, comentou que chegou a hora de que na Cidade de México houbese un labor social de envergadura, onde se puxera en práctica o espíritu do Opus Dei.

O Val do Chalco

O Val do Chalco é un extenso territorio ao leste da Cidade de México, catalogado coma un dos enclaves máis pobres e de maior concentración humana de todo o país, e onde viven apiñadas máis de catro millóns de persoas.

Ata a década dos setenta a zona estaba formada por frondosos chans e fecundas terras de cultivo. A migración á cidade, provocada por severas crises económicas no campo, ocasionou un acelerado e caótico proceso de urbanización: os terreos carecían de servizos públicos indispensables como auga ou electricidade. O forte terremoto que sacudiu a Cidade de México en 1985 e que deixou sen fogar a miles de familias contribuiu, como causa segunda, ao rápido crecemento destes barrios.

Unha visita que deixou pegada

Cinco anos despois do tráxico terremoto, os habitantes do Val do Chalco tiveron a sorte de ver de preto e escoitar de viva voz a Súa Santidade Xoan Paulo II. O Santo Pai celebrou a Santa Misa no Val, e na súa homilía proclamou: Non podemos vivir e durmir tranquilos mentres miles de irmáns nosos, moi preto de nós, carecen do máis indispensable para levar unha vida humana digna.

Instalaciós de un dos colexios.

Un pequeno grupo de profesionais que coñecían as ensinanzas de San Xosemaría Escrivá de Balaguer, Fundador do Opus Dei, impulsaron dende ese momento EDUCAR, A.C. Non foi unha tarefa fácil. O proxecto tiña visos de ser unha auténtica toleada, pero, quizáis precisamente por isto, tamén podía ser unha idea desas que cambian o rumbo dos acontecementos. Tiñan claro que debían investir onde era máis perentorio: formación nas virtudes humanas, capacitación profesional e sentido cristián da vida.

EDUCAR, A.C. deu comezo as súas actividades en 1990. Naceu coa constitución dun patronato que tiña como misión recabar os fondos necesarios para o sostemento da entidade así como preservar o seu nivel académico, moral e cívico. Cando se comezou, moita xente vivía en condicións precarias. Agora, despois de case quince anos, a zona mellorou sustancialmente grazas ao esforzo conxunto do goberno estatal e de institucións privadas.

A formación espiritual

A formación humana e espiritual é un dos piares sobre os que se levanta a educación que se imparte en EDUCAR A.C. Inténtase poñer en práctica as ensinanzas de San Xosemaría: "A verdade libéranos, mentres que a ignorancia escraviza. Hemos de soster o dereito de todos os homes a vivir, a posuir o necesario para levar unha existencia digna, a traballar e a descansar, a elexir estado, a formar un fogar, a traer fillos ao mundo dentro do matrimonio e poder educarlos, a pasar sereamente o tempo da enfermidade ou da vellez, a acceder á cultura, a asociarse cos demais cidadáns para acadar fins lícitos, e, en primeiro término, a coñecer e amar a Deus con plena liberdade, porque a conciencia —se é recta— descubrirá as pegadas do Creador en todas as cousas" (Amigos de Deus, n. 171).

No colexio Acuautla: mellorar á familia

Os actuais alumnos e os que xa remataron os seus estudos son a mellor testemuña de Acuautla. Alí os profesores fan especial fincapé na asesoría persoal cos estudantes e as súas familias. É nestas entrevistas onde se detectan e encauzan, sempre de acordo cos pais, algúns problemas familiares ou de comportamento que afectan á educación escolar.

Máis de 1.500 mozos e mozas benefícianse da educación.

Os sábados teñen lugar actividades extraescolares que facilitan o aproveitamento do tempo de lecer dos rapaces a través da formación humana e o deporte. Mensualmente hai unha reunión cos pais na que se lles entregan as avaliacións dos seus fillos. Poden charlar co profesor de grupo e se lles explica algunha virtude para vivir especialmente durante ese mes.

Entre os pais que levan aos seus fillos por Acuautla predominan os obreiros, conductores de vehículos, traballadores da construción, fontaneiros e pintores. Moitos deles non tiveron aceso á escola ou a deixaron antes de concluir os estudos básicos para poder adicarse a traballar e soster así a súa familia. Por eso ofrécenlles clases de alfabetización, educación primaria, secundaria e preparatoria, e unha serie de obradoiros dirixidos por profesionais. Tamén as nais de familia poden asistir a cursos de cociña, primeiros auxilios ou corte e confección.

Testemuñas

Esperanza Ríos é nai de familia. Hai uns anos coñeceu Acuautla: "Eu nunca escoitei falar diso que chaman virtudes. Fíxoseme algo raro cando o meu fillo entrou na escola e comezou a explicarme estas cousas. Pouco a pouco, el ía facéndose máis alegre, agarimoso e servicial. Iso chamóume moito a atención e, cando me invitaron aos cursos que dan aquí para pais, descubrín moitas outras cousas sobre a importancia que teño como muller e que ten toda a miña familia".

Nunha ocasión, un alto directivo dunha cadea bancaria visitou os colexios de EDUCAR. Ao rematar comentou: "Cando me invitaron, pensei que coñecería unha escola máis, pero non foi así. Quizá os responsables desta labor xa non se dan de conta, pero esta non é unha escola máis, é algo moi serio. Por que?, preguntáronlle. Por tres motivos: pola ledicia dos nenos, pola confianza dos nenos e polo respaldo das familias. Sorprendéronse de que nunha corta visita houbera comprendido o fundamento destes colexios".