Desenvolvemento do labor apostólico do Opus Dei en Galicia

 

O Opus Dei en Galicia
Opus Dei - Desenvolvemento do labor apostólico do Opus Dei en Galicia

Dende La Estila, os membros da Obra realizaron as primeiras viaxes periódicas para atender o labor apostólico que se iniciaba nas principais cidades. No comezo dos anos sesenta ábrense centros en Vigo e A Coruña: posteriormente en Ourense, Ferrol, Pontevedra, Lugo, etc. En todas esas cidades hai membros do Opus Dei, mesmo que noutras moitas cidades, vilas, pobos e aldeas da Comunidade Autonóma.


Ao Colexio Maior Universitario La Estila sumáronse outras iniciativas como o Colexio Maior Arosa, tamén en Santiago de Compostela, o Centro de Formación Profesional Aloya, en Vigo, ou as Asociacións Culturais Aguia, na Coruña, Albeiro, en Vigo, etc.

En 1983, membros do Opus Dei, coa axuda doutras persoas, promoveron en Vilanova de Arousa un Centro de Convivencias, Olbeira, onde, dende entón e de forma ininterrumpida, celébranse actividades de formación para grupos de persoas de idade e procedencia moi variada: retiros espirituais, cursos profesionais, ciclos de conferencias, xornadas universitarias, convivencias de verán, etc.

Outra iniciativa apostólica levada adiante por membros da Obra é Montecelo, en San Pantaleón das Viñas (Paderne) onde, dende 1972, véñense celebrando campamentos de verán, acampadas, olimpiadas deportivas…, polas que pasaron máis de dez mil rapaces, da maior parte de Galicia. A raíz da utilización progresiva destas instalacións xurdiu a necesidade de rehabilitar o antigo Pazo de Montecelo, neses mesmos terreos, e que foi reconstruido en 1995 coa colaboración de institucións e de centos de familias galegas.

Aínda que o apostolado máis importante do Opus Dei é o que cada quen dos seus fieis realiza no medio do traballo cotián e das circunstancias habituais nas que se atopa, algúns dos seus membros promoven en Galicia -sempre baixo a súa persoal responsabilidade e asociándose a outra persoas- variadas iniciativas de carácter asistencial, educativo, de promoción cultural e social, etc. Un exemplo diso son as Escolas Familiares Agrarias de Arzúa e Coristanco, adicadas á formación profesional de mulleres e homes do medio rural. Nestas Escolas milleiros de rapaces e rapazas galegas cursaron estudios de Formación Profesional Agraria -e agora de Secundaria- ao longo de vintecinco anos de actividade docente.

A través destas tarefas apostólicas que contan coa atención espiritual do Opus Dei, organízanse actividades diversas, dirixidas ao fomento da cultura e do deporte, asistenciais ou de promoción social, etc. Con estas iniciativas, ademais de enriquecer as persoas que as levan a cabo, preténdese contribuir positivamente á resolución de problemas actuais que ten a sociedade. Como exemplo, cómpre citar o labor de voluntariado e solidariedade que desenvolve o Colexio Maior Arosa ou os campos de traballo que desde hai moitos anos promove o Colexio Maior La Estila. En A Coruña, é outro ejemplo, a Asociación Rueiro organiza todos os anos a campaña ‘Ningún neno sen Reis’, que conta coa axuda e participación de numerosas persoas e institucións da cidade.

Outros membros do Opus Dei promoveron con colegas e amigos, durante estes anos, asociacións de carácter moi variado, adicadas ao voluntariado social, atención de anciáns e disminuidos, colaboración á educación de familias, etc. Todas esas iniciativas mostran tamén o interés que a Prelatura fomenta polos problemas sociais.