Dende o ateísmo á fe.

O 30 de maio EL CORREO GALLEGO publicou unha entrevista con Daniel Tapia, un rapaz norteamericano de San Diego, que estudou Ciencias Políticas e Bioloxía na Universidade de Harvard.

En primeira persoa

Ao rematar os estudos, fixo un máster de Teoloxía en Roma, algo pouco frecuente en Europa, pero relativamente habitual no currículum de moitos estudantes norteamericanos. Na actualidade prepara o seu doutoramento en Medicina en Chicago.

Tapia naceu no seo dunha familia sen conviccións relixiosas. É católico e membro do Opus Dei, a pesar de vivir nos Estados Unidos, país no que o catolicismo é unha relixión minoritaria.

 

Cal é o motivo da túa visita a Galicia?

Vin participar nunha convivencia cristiá do Opus Dei e a coñecer tamén Santiago e a súa catedral.

Cando decidiches facerte católico?

Cando tiña oito anos miña nai faleceu de cancro de mama e eu sentín a necesidade de buscar consolo na relixión. Axudoume a entender qué son a vida e a morte. Con todo, ata os trece anos non me convertín.

Aínda que esta decisión non gustou no seu ambiente familiar, Daniel seguiu adiante: “Si, porque sentín a chamada de Deus. Así é a vida”.

 

Cómo chegaches ata o Opus Dei?

Ía a Misa todos os domingos, ata que coñecín a un membro do Opus Dei que me ensinou a doutrina e me fixen membro da Obra.

Estiveches un ano en Roma; ¿atopaches moitas diferenzas entre o modo de vivir a fe no teu país e en Europa?

No meu país o catolicismo é minoritario e os que a practican non fan diferenzas entre liberais ou moderados. Non hai interpretacións.

  • El Correo Gallego