Cidadáns creativos

Artículo publicado no "Diario de Ferrol" 23/03/2012, sobre Isidro Fontenla e Maria Victoria Palanca.

Do Opus Dei

Isidro Fontenla e Maria Victoria Palanca, non-o tiveron doado. Isidro enviovou con dez fillos. E Maria Victoria casada con Roxelio Cenalmor, alcalde do Ferrol tiñá sete, e Susana a grande de todos o síndrome de Down. A carga que enriba súa levaban podían enfrontala arriando rendas e razoandoo co traballo arreo supón o dereito a dispor dun horario laboral medido e remuda na xubilación. Máis non foi tal a historia. Ambolos-dous, inconformistas de seu, deron en pensar que tiñan carraxe dabondo e maxín de alto voltaxe para ainda premer uns millóns máis de horas de labourar arreo a prol da súa cidade. E alá se foron a levantar cadanseu colexio: o “Carmen Polo”- hoxe “ Terra de Trasancos” (1968 ) - e o “Montefaro” ( 1993).

Maria Victoria tomou licenciatura en Educación Especial e ata 1984 exercíu de directora do colexio que levantara. Pioneira galega no eido da Educación especial sinerxizou co centro “ Aspronaga” da Coruña, O 1984 a directora cambea a outro de actividade acrecida. A casa da Rúa Gravina onde a familia ten fogar pasa a acoller visitas de nenos discapacitados e ringleiras de probes e doentes que alí embocan na procura da sinxeleza, señorial empatía e eficaz servizo desta muller miúda galardoada coa Cruz de Alfonso X o Sabio, honra que da dereito a tratamento de “Excelencia” e questa muller quixo sentenciar a cadea perpetua, Dende entón a “insignia” e o “tratamento “, dormen no escuro recanto dun caixón da mesiña de noite.

Tampouco é para menos a historia do Capitán de Navío. A ensinanza do colexio que levanta Isidro reflicte trazos da súa vocación castrense, tal son o fincapé no esforzo, a austeridade sorrinte e nobreza no comportamento. Colaboradores seus salientan o afecto de Isidro ao profesorado e a enerxía que puña na resolución de atrancos Axudaba na tarefa o maxín de lóstrego que xurdía no intre da pescuda e do achado de solucións. Hoxe, centos de cidadáns de Ferrolterra comprometidos coa idea do bó facer e da palabra empeñada testemuñan o que tal aprenderon de rapaces con Isidro . E se alguén dubidara do que estou a contar mellor lle fora falar con Félix Porto, rexedor do Concello de Muxía para poñerse ao tanto.

O que suscribe, profesor do IES Concepción Arenal séntese moi cumprido no trato cos dous fundadores. Os fillos de Maria Victoria e Roxelio andaban de alumnos no Instituto e a nai emprestáralle ao Instituto unha caixa lacada de asoado valor que tivo longa e silandeira presenza na suntuaria Sala de Xuntas. Sen embargo no 1978 decatámonos co sitio non lle cadraba ben e no serán voltei á Sala de Xuntas, finquei os ollos na caixa e cavileille a despedida: ... valer ben vales caixiña ... máis ao non falaren, poucos segredos has contar. E sen máis desboteina do sitio onde daba o impacto visual . Despois devolvinlla a Maria Victoria.

Outravolta: o edificio de Montefaro propiedade da Acción social da Armada alugouse a Fomento de Centros de Ensino fornecedor dos escolantes e da pedagoxía. Intercambiamos experiencias e houbo momentos nos que mesmo se esvaía a fronteira dialéctica pública/ privada. Tamén de Montefaro arribou o sobranceiro profesor; José Antonio Ponche, home de todos benquerido.

 Xa remato : Isidro Fontenla no nadal e Maria Victoria Palanca en xaneiro finaron nonaxenarios, fillos da Igrexa en paz e gracia de Deus.Colaboradores no enxerto da laboura apostólica do Opus Dei en Ferrolterra nas primeiras cordadas.

Velaí dúas vidas edificantes que axudan a ama-la nosa prolongándoa no amor á cidade, onde agora xa descansan: en Catabois agardan o alén do infindo Amor de Deus, arela xigante cando o corpo esmorecido e nunca rendído sigue avante popa ao vento que sopla só na alma nova.

  • Mario Clavell