Chamaranme ditosa todas as xeracións

A exposicion ambulante do Santuario de Torreciudad visita por primeira vez Galicia. Do 10-26 de xuño estará en distintos lugares de A Coruña

Do Opus Dei

  • Chega o 10 de xuño a Coruña e empeza a montaxe na sala de exposicións da terceira planta do Centro Sociocultural Novacaixagalicia en Cantón Grande 21-23
  • O día 11 trasládase a imaxe de Nosa Sra. de Torreciudad á igrexa parroquial de Cayon, onde permanecerá aproximadamente entre as 7:00 e as 9:00 da tarde, desenvolvéndose un acto de recibimento, con procesión e rezo do santo rosario, misa concelebrada e acto de despedida e regreso á Coruña.
  • O día 12 trasládase a imaxe de Nosa Sra. de Torreciudad á igrexa dos dominicos ás 11:00 horas, onde se atopará coa imaxe de Nosa Sra. do Rosario. Celebraránse diversos actos ao longo do día, entre eles unha misa concelebrada ás 20:00. A imaxe retírase ás 21:00.
  • O día 13 , inaugúrase a exposición ás 12:00, prevéndose a terminación do acto ás 13:30.
  • A exposición itinerante " CHAMARANME DITOSA TODAS AS XERACIÓNS " poderá ser visitada desde as 17:00 do día 13, ata as 21:00 do día 29 de xuño, excepto os domingos, nos que está pechada.
  • O día 13 , ás 20:00 celebrarase a conferencia inaugural da exposición, ditada polo Reitor do Santuario, " A devoción á Virxe no século XXI ". Desenvolverase no auditorio do Centro Sociocultural Novacaixagalicia. A Exposición permanecerá pechada desde as 19:00, e os seus visitantes serán dirixidos á conferencia.
  • O día 26, a exposición permanecerá pechada desde as 19:00, indicándose aos visitantes que a imaxe da nosa Señora dos Anxos de Torreciudad atopásese esa tarde na Igrexa de san Jorge.