Camiño de Santiago, camiño da vida. 25 anos facendo o Camiño

O meu enderezo electrónico é "peregrina2010@yahoo.es" aínda que me chaman Conchita. A razón é que o Camiño de Santiago "engaioloume". Este verán fíxeno por 25.ª vez.

En primeira persoa

Non é moito porque soamente recorrín os últimos 160 ou 115 km: O Cebreiro, O Ferrol, Ourense e Tui. Pero para o próximo ano, que será Ano Santo, gustaríame poder facelo dende St. Jean de Pie de Port.

Todo comezou cando, en xaneiro de 1993, nada máis chegar a Galicia, logo de rematar a carreira, fixen algúns tramos. Conectei con el e volvín, meses máis tarde cunhas amigas ata Pedrafita do Cebreiro, para facelo dende alí. Fomos á ventura, sen experiencia e moi mal equipadas pero con moitísima ilusión. Foi un camiño verdadeiramente duro porque camiñabamos todo o día e fixemos varios xornadas de 40 km. Loxicamente chegamos algo lesionadas. A pesar disto, ou quizais por isto, é un dos que lembro con máis cariño. De feito, a partir dese momento fíxeno moitas máis veces.

E ¿que foi o que me cativou do camiño? É coma unha metáfora do camiño da vida. Ves un reflexo neses poucos días, situacións, etapas, circunstancias que se dan na vida diaria. Pero no camiño tés outro punto de vista porque vas tan só cunha pequena mochila e deixaches atrás toda a "axitación". Encóntraste falando con Deus sen querer, no contacto coa natureza, a arte, as xentes sinxelas das aldeas e o compañeirismo que te brindan outros peregrinos tan distintos e tan iguais a min mesma. E durante eses longos espazos de soidade e silencio vas confrontando con El tantas cousas... O camiño apréndeche moitas leccións dun xeito gráfico. Son leccións moi sabidas por moi oídas pero non experimentadas. Eu, cada vez, fun traendo comigo novas ensinanzas. Logo está a loita por poñelas en práctica na vida cotiá...

Algo do que busco encherme sempre en cada camiño é aquilo que di san Xosemaría "darse aos demais é de tal eficacia que Deus o premia cunha humildade chea de ledicia". Un exemplo simpático é como procuras non queixarte ao baixar as costas cunha aguda dor de xeonllos por un derrame para non facer máis pesado o camiño a quen ve tamén as estrelas pero nas costas arriba porque ten o derrame no nocello, como lle pasou a Mónica. Ou como un ciclista canario médico que vén lanzado baixando a costa, ao decatarse de que Eva coxea, empeza a frear e "sobre a marcha" faille unha consulta con diagnose e receita incluída. Ou porque chegas a un albergue dunha aldea onde non hai lugar para comprar a comida —isto agora xa non ocorre tanto— e a albergueira tráeche uns bocatas boísimos de tortilla feita cos ovos das súas galiñas, que de ningunha maneira chos quere cobrar. Cousas así apréndenche a linguaxe do camiño que é o da vida cristiá.

Na Misa do Peregrino, ao chegar, soen explicar que o camiño non rematou, que o camiño de verdade comeza agora. É como cando vés de facer un curso de retiro. Nótase na ilusión e as ganas de loitar para poñer en práctica os bos propósitos. A seguir, vas loitando, recibindo os sacramentos, facendo oración... pero vanse desfigurando un pouco algunhas desas vivencias tan intensas daquel momento. Entón é cando decido volver facer o camiño. Ademais vivo nunha "tentación" constante porque vivo en ¡¡Santiago de Compostela!! e vexo durante todo o ano moitísimos peregrinos polas rúas.

Outro detalle moi bo do camiño é o que aprendes cargando a túa propia mochila. A primeira vez levas moitos "por se é o caso". A segunda xa non porque comprobas qué poucas cousas precisas realmente para vivir e ser feliz. Tamén porque descobres que o que de verdade te achega son as persoas, non as cousas. O que dicía Juan Pablo II de que a felicidade está en ser e non en ter... O camiño iguala a todos.

Descubrín tamén que persoas sobre as que nun primeiro momento fixen un xuízo negativo, eran fermosas almas. Aprendín a non xulgar polas aparencias.

Algo vivido por todos os peregrinos son as sólidas amizades que se fraguan neses días porque é moito o que se comparte. Un mesmo ideal, un mesmo camiño, semellantes bochas ou dores varias, a mesma comida, o apoio mutuo e moitas, moitas veces a mesma fe e vibración apostólica. No camiño melloro na amizade, aprendo a ser boa amiga e boa confidente. Achégaste dun xeito máis sinxelo e confiado aos amigos e eles contigo. Gústame especialmente porque isto é o propio do espírito do Opus Dei , o apostolado de amizade e confidencia. No camiño estás en confidencia cunha persoa que acabas de coñecer non hai cinco minutos. Cunha das miñas mellores amigas, Pacita, albergueira, ocorreu así, literalmente.

Bo, os albergueiros merecen capítulo á parte porque son unha xente especial. Impactoume tanto a súa hospitalidade que en 1996 presentei unha ponencia con este tema no Congreso Internacional "Incontro Romano". Logo, en 1998, presentei outro cartel sobre o papel e a realización do xenio feminino dende o seu traballo de "albergueiras" xa que son mulleres na inmensa maioría.

Volvendo á amizade, nunca comecei o camiño soa, porque gústame compartir eses bos momentos coas miñas amigas e que teñan a oportunidade de vivir esa proximidade con Deus. Penso que é un dos mellores regalos que lles podo facer. Non é que todos teñan fe ou a practiquen, pero comprobei moitas veces como moita xente empeza como camiñante, buscadores de aventuras ou turistas e chegan a Santiago como peregrinos, vivindo todo o preciso para gañar o xubileu: confesión, comuñón, rezar polo Papa, rezar na Catedral e rexeitar o pecado, aínda que sexa venial. Isto é algo que sucede a diario. Lembro unha estudante alemá que, logo da misa do peregrino, comentoume: "Fixen o camiño porque sabía que tiña que facelo; necesitábao. Pero non sabía o porqué nin para que e, durante a Misa, de súpeto, vin con claridade que veño para converterme ao catolicismo. Quero confesar”. Dicíamo con bágoas de ledicia nos ollos. Noutra ocasión, cando lle expliquei un vitoriano que o xubileu é unha indulxencia plenaria, en que consistía e como se lucraba, díxome: "Eu mañá, na Misa de 12.00, limpiño coma un rapaz; aínda que mate antes ao cura do susto!

Durante eses días, cada mañá, xa camiñando, cando xa amenceu e hai máis luz, fago un rato de oración coa axuda de "Camiño" de san Xosemaría. Se alguén máis quere acompañarme imos lendo puntos en alto, con ratos de silencio. É realmente bonito e axuda moito. Logo facemos varios paradas curtas para "realmorzar". Ás 12.00 o Angelus e se pasamos por unha igrexa aberta rezamos a Visita ao Santísimo Sacramento. Tamén rezo o rosario camiñando. Neste último camiño deume alegría ver como dous mozos austríacos ían rezando tamén o rosario. Eles pasáronnos rapidamente pois ían a 7 km/hora. Así, a mediodía estamos xa ao final da etapa. Toca agora repoñer as forzas no albergue, gozar do pobo, das xentes, dos outros peregrinos...  É un ambiente estupendo. Ao solpor asisto á santa misa preparándome antes cun rato de oración ante o sagrario. Alí atopámonos cada día moitos dos peregrinos que compartimos etapa. Cear e ir durmir que ao día seguinte cómpre madrugar.

No último ano santo, o 2004, recibín un regalo incrible: ¡atender a Exposición audiovisual " Vida e Mensaxe de san Xosemaría, un peregrino contemporáneo"! Que esta exposición estivese no camiño foi iniciativa do párroco de Furelos, pequena aldea pola que pasa o camiño xunto a unha ponte medieval. Chamábano D. Javier Carballo, finou en xaneiro. Era moi coñecido polos peregrinos pois volcábase con nós. De feito, instalou a exposición no camiño pensando neles.

San Xosemaría foi peregrino a Santiago varias veces. No ano 38, prolongación do ano santo do 37 pola difícil situación da guerra, veu por primeira vez. Chegou o 17 de xullo con D. Eliodoro Gil e hospedáronse no Hotel La Perla, cerca do Paseo da Ferradura. Acudiu ao Santo con piedade de peregrino. Desde León escribira: "Pedide por min, que este Xubileu Xacobeo me limpe e me prenda a alma. Ao día seguinte celebrou a santa misa xunto aos restos do señor Santiago. O recordo desa celebración quedou recollido nunha carta: "Santiago de Compostela, e finais de xullo, preto das reliquias do Apóstolo, vívense pausadamente as oracións e as accións da santa misa. O sacerdote xunta as mans á altura da faciana e recóllese: as súas preces son por vós, por todos e cada un... Podedes asegurar que en espírito gañastes o xubileu xacobeo". Posteriormente, durante os anos corenta, para comezar o labor da Obra en Galicia. E a última vez o 25 de xullo de 1961.

Volvendo á exposición, resúltame difícil reflectir o que supuxeron eses meses de verán tan cerca de Santiago Apóstolo e de san Xosemaría porque non encontro palabras. Sorprendeume coñecer de primeira man a devoción universal ao fundador da Obra: Quizais a anécdota máis gráfica é a de Marta, unha profesora de español en Alaska con marcados trazos esquimais, que nos saudou con tres bicos dicindo que tiña a estampa do santo. Fíxo fotos coas súas amigas xunta os paneis da exposición. Ou aquela muller madrileña, totalmente queimada, que se emocionaba ao ouvir a voz de san Xosemaría. Cando era nova traballara na atención do fogar dun centro. Contaba como durante as dorosísimas curas, o que lle daba folgos para aguantar e ofrecer aquel sufrimento era rezar a oración da estampa unha e outra vez. Tamén era bonito ver o cariño e a ledicia de persoas que se formaran en escolas, colexios maiores, EFAs, etc... cuxa dirección espiritual está encomendada á Prelatura e que de novo se encontraba coa Obra e ¡no camiño! Así reflectiuno poeticamente un peregrino madrileño no libro de firmas:

"Tantos anos sen reencontrar o "camiño" da miña xuventude y volvo encontralo no camiño, coa miña muller, e peregrinando no meu quinto camiño a Santiago. Gustoume este reencontro".

O unha moza mexicana:

"Rematei miña carreira universitaria vivindo nunha residencia do Opus Dei e quixera deixar constancia do meu profundo agradecemento e cariño á Obra , pois axudáronme a buscar e encontrar a Cristo. Agora fago este camiño para aprender a amar a Cristo e encontrar a Cristo e sei que as súas oracións me acompañan. Grazas. Karina G. México."

Para moitos peregrinos foi a exposición o momento do comezo da súa conversión ou de coñecer o espírito da Obra e, tamén, de reflexionar sobre a súa vocación, como Mark, mozo universitario de Estados Unidos. Visitou a exposición con calma, gozándoa diría eu. Fora calvinista ata un ano antes e escribiu algo así como: "Precisamente viña eu cavilando no Opus Dei cando Deus me envía  esta exposición ¡Que bonito! ¿eh? Situada curiosamente nun parque empresarial. O lugar máis axeitado para que os católicos fagan as súas cousas ¡Deus é práctico!". Púxose en contacto cun sacerdote na súa cidade universitaria por medio do correo electrónico.

Unha profesora búlgara escribiu: "Que cheguen máis búlgaros para encherse de enerxía espiritual". Sheila, de Inglaterra, di: "Encontrei a exposición moi boa. As miñas verbas e pensamentos son coma os de Xosemaría. Deus bendiga a todos."

¡Podería contar tantos encontros estupendos! Foi fantástico.

Neste ano 2004 colocouse un monumento moi bonito e significativo no Camiño Francés, xunto á entrada de Santiago, logo do Monte do Gozo, realizado en granito e bronce. Chámana a Porta de Europa . O escultor, Cándido Pazos, elixiu vinte personalidades que dalgunha maneira promoveron o Camiño de Santiago, a Rúa Maior de Europa, e entre eles está san Xosemaría Escrivá.

Outro dos meus proxectos para o 2010, ademais de peregrinar desde Francia, é organizar un Camiño de Santiago Internacional Familiar,  coa Asociación de Familias Numerosas de Galicia, desde Sarria. ¡¡Están invitadas todas as familias del mundo enteiro!!"

¡Bo Camiño!

  • Conchita Bernárdez Iglesias