Laura Busca: un fogar luminoso

Laura Busca Otaegui (Laurita) naceu o 3 de novembro de 1912 en Zumárraga (Gipuzkoa). Muller de Eduardo Ortiz de Landázuri, faleceu en Pamplona o 11 de outubro de 2000.

Laura Busca Otaegui
Opus Dei - Laura Busca: un fogar luminoso Laura Busca, co seu marido o doutor Eduardo Ortiz de Landázuri.

Laura Busca Otaegui (Laurita) naceu o 3 de novembro de 1912 en Zumárraga (Gipuzkoa). Realizou os seus estudos en Zumárraga, Vergara e Valladolid. Licenciouse en Farmacia na Universidade Central de Madrid en 1935. Ese ano coñeceu a Eduardo Ortiz de Landázuri, con quen contraeu matrimonio o 17 de xuño de 1941 no Santuario vello da Virxe de Arantzazu (Oñate). Tiveron sete fillos.

Posuía un gran temperamento, e era unha muller magnánima e comprensiva. Grazas á formación recibida e á súa vida espiritual, soubo responder ao querer de Deus para buscar a santidade nos seus quefaceres ordinarios. Pediu a admisión no Opus Dei o 8 de xaneiro de 1953. Construíu co seu marido, como aconsellaba San Xosemaría Escrivá de Balaguer, un fogar luminoso e alegre. A súa vida estivo marcada por unha extraordinaria xenerosidade na entrega ao seu marido e aos seus fillos, así como a outras moitas persoas. Sustentou as súas accións no amor a Deus e aos demais, que brotaba dunha recia e fonda piedade. Desde os anos cincuenta levou con fortaleza unha dolorosa enfermidade de costas, sen perder o sorriso.

O 11 de decembro de 1998 tivo a alegría de asistir, en Pamplona, á sesión de Apertura do Proceso diocesano sobre as virtudes do seu marido Eduardo e, pouco tempo despois, puido testificar no Proceso. Tras unha dolorosa enfermidade levada con extraordinaria fortaleza cristiá, faleceu en Pamplona, con fama de santidade, o 11 de outubro de 2000.