Beata Guadalupe Ortiz de Landázuri

Guadalupe Ortiz de Landázuri y Fernández de Heredia nace en Madrid o 12 de decembro de 1916, na festividade de Nosa Señora de Guadalupe.

En 1932 acaba o bacharelato e comeza a carreira de Ciencias Químicas. Cursa os estudos con brillantez, aínda que os interrumpe en xullo de 1936, coa guerra civil española.

En 1941, rematados os seus estudos, comeza a dar clases para soster as necesidades económicas da súa familia. En 1944 coñece a san Xosemaría Escrivá, fundador do Opus Dei, quen lle axuda a descubrir que o traballo profesional e a vida ordinaria son un lugar de encontro con Cristo. Pouco tempo despois, pide a admisión no Opus Dei.

Dende aquela, Guadalupe entrégase sen condicións a buscar a intimidade con Deus e participa en diversas actividades apostólicas, como a administración doméstica de dous colexios maiores en Madrid e Bilbao, onde organiza clases para mellorar a preparación das empregadas. Encárgase da dirección dunha residencia de estudantes universitarias en Madrid.

Pola súa xenerosidade, pola súa fortaleza e ledicia, en 1951 o Fundador invítaa a comezar o traballo apostólico das mulleres do Opus Dei en México. O 5 de marzo sae cara ao seu novo país. Alí dirixe outra residencia para universitarias, ás que anima a anchear a súa formación humana e cristiá, e a poñer os seus coñecementos ao servizo dos demais. Ao mesmo tempo, busca a colaboración de mulleres profesionais e nais de familia, ás que trata de contaxiar a súa fe cristiá.

En 1956 Guadalupe trasládase a Roma; un ano despois volve a España: ténselle manifestada unha seria doenza de corazón e é operada dunha estenose mitral. Recupérase, obtén o doutoramento coa máxima calificación,o Premio Juan de la Cierva, e a praza de profesora de Ciencias nunha escola profesional pública. Ao mesmo tempo, atende tarefas formativas e de dirección no Opus Dei.

Deica o final, reflicte o anceio que inundou a súa vida: achegar a Deus a quen lle rodean, co seu exemplo de ledicia e a súa amizade.

Ela mesma ía enfrontar a súa propia morte con esa serenidade: aínda que o resultado da operación a que foi sometida era satisfactorio, cando estaba recuperándose sufriu unha repentina insuficiencia respiratoria. Morreu o 16 de xullo de 1975, festa da Virxe do Carme. O 5 de outubro de 2018 os seus restos foron trasladados desde Pamplona ao Oratorio do Cabaleiro de Graza de Madrid.

Foi beatificada o 18 de maio de 2019 nunha celebración presidida polo cardeal Giovanni Angelo Becciu, prefecto da Congregación para as Causas dos Santos, en Madrid. A memoria de Guadalupe celebrarase o 18 de maio, aniversario da súa primeira comuñón.

.