As ‘mozas da hixiene’ do Congo

Fai sete anos, Candelas Varela –enfermeira de Vigo- viaxou á República Democrática do Congo para poñer en marcha unha escola de enfermería. Na actualidade, esta xoven do Opus Dei dirixe en Kinshasa o ISSI-Monkole, un dos centros de formación sanitaria máis prestixiosos do país. As suás alumnas son coñecidas como as ‘mozas da hixiene’.

Iniciativas sociais

Coa experiencia adquirida en varios hospitais españois e unha enorme ilusión, Candelas Varela aterrizou en Kinshasa un bo día de setembro de 1997. Os seus ollos descubriron de golpe un mundo totalmente novo. “O recordo que teño é o de abrir ben os ollos, querendo ver todo e pensando que era como o que se ve na televisión das zonas de guerra en África”.

“Nembargantes -continúa-, non se vía á xente triste; ao contrario, en todo o traxecto do aeroporto ata o meu barrio, uns vintecinco minutos en coche, aínda que era moi cedo –sobre as 6 da mañá- vin moitos sitios con música onde a xente cantaba e bailaba”. Aínda que Candelas chegou ao antigo Zaire apenas catro meses despois de que Kabila se fixera co poder tras derrocar a Mobutu, “a situación política, pese a non ser moi estable, estaba tranquila”.

Para adaptarse mellor ao país e ao traballo que iba a desempeñar na escola de enfermaría, pasou un ano facendo “prácticas” nos cinco hospitais máis importantes da capital congoleña. O que máis lle impresionou foi a capacidade de adaptación de todos os profesionais do sector médico.

“É incrible como consiguen traballar sen apenas o mínimo de material, sen auga corrente, sen nada se podería dicir. Aprendín moitisimo durante ese ano e puden vivir de cerca todos os problemas e a situación á que debe facer fronte o enfermeiro no Congo. Case a totalidade das infraestruturas sanitarias do país atópanse nun estado de ruina e os esforzos de mantemento e incluso de construción se deben sobre todo ás ONG e aos organismos de cooperación ao desenvolvemento”.

Despois pasou outro ano traballando en Monkole, un centro hospitalario promovido polo Opus Dei nun barrio periférico de Kinshasa. O hospital foi inaugurado en 1991, conta cunha capacidade de 40 camas e nun futuro proxecta construir un complexo de 150 camas. “O obxectivo dos seus promotores –engade Candelas- é o de prestar coidados de calidade á poboación. A hixiene é un dos aspectos que máis se coidan; poñense todos os medios para tratar de traballar nas mellores condicións posibles e coa maior profesionalidade”.

Ensinanza de calidade

O centro médico axuda a centenares de pacentes

Monkole, vendo a necesidade de enfermeiras que tiña o país, decidiuse a crear unha escola de enfermería e pediu axuda á cooperación francesa. O proxecto foi aprobado e o ISSI –Institute Superieure en Sciencies Infirmières- abriu as súas portas en 1997 cunha veintena de alumnas. “Ao igual que Monkole, o ISSI pretende unha ensinanza de calidade cun material didáctico de bo nivel e con todo o necesario para formar profesionais de calidade- comenta a súa directora. O obxectivo de estas duas institucións non é sair ao paso dunha situación de urxencia no país, senón o de contribuir ao desenvolvemento duradeiro”.

Dende que foi inaugurado en 1997 polo ministro de Educación, o ISSI está no punto de mira de todo o país. “Agora xa somos coñecidos case por todo o mundo –relata Candelas- e tanto o ministro Emile Ngoy Kasongo como a asociación de enfermeiros do Congo citannos como exemplo en cada reunión”.

Coñecementos técnicos, coidados humanos

Na Escola de enfermería as alumnas pagan a metade dos gastos reais, ou sexa, 300 euros ao ano. A pesar disto, moitas non poden pagar esa cantidade e buscaselles unha bolsa de estudos. A maioría das alumnas que remataron traballan nos hospitais de Kinshasa ou noutras rexións do interior do país. Cada vez están máis solicitadas, sobre todo porque os coidados que ofrecen son non só técnicamente bos, senón tamén humanos”.

Durante os periodos de prácticas que as alumnas desenvolven nos diferentes hospitais de Kinshasa, son coñecidas como “as mozas da hixiene”. Os informes que se reciben delas son moi positivos, sobre todo nos puntos esenciais nos que se quixo poñer o acento ao formalas: hixiene, responsabilidade e relación co doente.

Para reforzar eses aspectos, dende o ano 1999 comezaron a organizarse no ISSI seminarios dunha semana de duración para reciclar a personal sanitario. A iniciativa tivo unha gran acollida e a demanda é cada vez máis forte grazas tamén ao prestixio que gañou a Escola.

“Agora temos 54 alumnas en Primeiro. É o primeiro ano que alcanzamos esas cifras pois as promocións anteriores foron máis reducidas; e é que xa empezamos a ser coñecidos por poñer o acento na formación humanística das futuras profesionais xunto coa formación en valores humanos”, conclúe.

Unha doutora de Monkole.

 Alumnas con dificultades e empeño

As condicións de vida do Congo teñen moi pouco que ver coas de Occidente. Como a maioría da poboación, as alumnas da escola de enfermería carecen de auga corrente nas súas casas, que ademais sofren cortes no suministro eléctrico que poden durar duas ou tres semanas.

Alumnas como Pamela, que está en 3º de enfermaría. É orfa e o ano pasado quedouse en casa sen estudar porque non tiña diñeiro para pagar a inscripción. Agora empezou outra vez os seus estudos en terceiro pero a persoa que lle prometera que iba a axudarlle a pagar a matrícula marchou do país e Pamela atópase nunha situación moi difícil para seguir estudando.

Ou como Magalie, que cursa 2º de enfermería, e é a maior dunha familia de 8 irmáns. O seu pai é funcionario e non lle pagan dende fai varios meses. “A súa nai, a única que tiña un traballo estable -relátanos Candelas-, o seu pai acaba de botala de casa porque din que é a responsable da morte do seu fillo pequeno, que faleceu dunha menixite. Agora Magalie non pode pagar os seus estudos e ausentase moito das clases, non estuda porque non consigue centrarse, ten que ocuparse dos seus irmáns”.

A situación do país reflíctese coma nun espello na vida destas novas estudantes de enfermería. O pai de Gloria morreu de sida fai 6 anos e a súa nai é xeropositiva. É a quinta dunha familia de 9 irmáns, onde o maior é o único que trae algo de diñeiro a casa. “Gloria é moi intelixente –apunta a directora do centro-. Foi a mellor do seu colexio no diploma de Estado (equivalente á selectividade) e en primeiro ano de Enfermería foi a primeira da súa clase. Vive moi lonxe da Escola, nun barrio sen luz. En canto chove o río que está ao lado da súa casa desbórdase e ten que sair en piragua. Parece mentira pero isto aquí ocurre porque as casas están construidas sen respetar as mínimas regras de urbanismo, o que fai que non haxa canalizacións de auga nin alcantarillado”.

Maguy, outra das alumnas, está en terceiro. O seu pai, que era piloto do presidente, desapareceu o ano pasado nun accidente de avión, pero aínda non o declaron morto. “Por esta razón a súa nai non pode recibir a pensión nin pagar os estudos da súa filla, sinala Candelas. Ademais, Maguy padece unha enfermidade da hemoglobina bastante frecuente neste país. Ten a anemia AS e varios irmáns coa mesma enfermidade (drepanocitosis) pero na súa forma grave (anemia SS). Tres dos seus irmáns xa morreron desta enfermidade. A última foi unha moza de 18 anos que morreu este ano. A súa nai tivo unha depresión ante tanta desgraza e marchou de casa. É Maguy a que se ocupa agora da casa e dos seus irmáns”.

Outro caso similar é o de Laure, alumna de primeiro curso: “É orfa de pai, que era médico e tiña tres mulleres (aquí a poligamia é algo moi corrente). Ela é a maior da súa familia (3 irmáns). A súa nai está en paro porque na empresa na que traballaba a despediron por falta de traballo. Vive moi lonxe da Escola e ten que coller 6 autobuses cada día. Comezou os seus estudos cun ano de retraso, o que estivo traballando para acadar diñeiro para a inscripción”.

Por último, Candelas insiste nunha idea: “Cando se fala de África sempre se salienta o que non funciona, a miseria e a dor; se menciono as dificultades das nosas alumnas, é precisamente para mostrar o seu afán de superación, para falar do que sí funciona en axuda ao desenvolvemento”.

  • J.A. Otero Ricart / El Faro de Vigo