Apertura do proceso de canonización de Encarnita Ortega

Comeza en Valladolid o proceso de canonización de Encarnita Ortega Pardo, nada en Ponteareas (Pontevedra), unha das primeiras mulleres do Opus Dei.

Moitas persoas quixeron participar no acto celebrado no colexio Alcazarén

O proceso de canonización de Encarnación Ortega Pardo (1920-1995) foi aberto o pasado 26 de marzo en Valladolid, nun acto presidido polo arcebispo da cidade, monseñor Braulio Rodríguez Plaza, e celebrado no Colexio Alcazarén.

Trátase dunha das primeiras fieis do Opus Dei, que dedicou a súa vida á evangelización a través desta institución, na que pediu a admisión como numeraria en 1941. Encarnita naceu en Ponteareas, Pontevedra en 1920 e pasou en Valladolid os 25 últimos anos da súa vida, onde está enterrada no Cemiterio de El Carmen.

O arcebispo explicou que "a Igrexa instrúe estes procesos de santidade de irmáns nosos pensando en nós".

Mons. Braulio Rodriguez pediu aos presentes a súa oración "para que o Tribunal archidiocesano de Valladolid desenvolva ben o seu traballo, buscando a verdade e rezando tamén polas persoas que testificarán nel".

A partir de hoxe o Tribunal nomeado polo arcebispo procederá a recibir a testificación das testemuñas, unha vez realizados os trámites previstos na Instrución Sanctorum Mater da Congregación para as Causas dos Santos.

O arcebispo cun grupo de familiares e amigas de Encarnita.

Pola súa banda, o postulador da Causa, José Carlos Martín de la Hoz, preguntouse se a sierva de Deus "pode ser unha desas persoas que percorreron o camiño da santidade e alcanzaron a heroicidade das virtudes cristiás". ·A Igrexa pídenos agora que demostremos que a súa vida no Opus Dei, durante corenta e catro anos, foi verdadeiramente heroica", engadiu.

"Por iso -dixo tamén o postulador-, o prelado do Opus Dei, en nome e representación de todos os fieis da Prelatura, encargoume que propoña á Igrexa archidiocesana de Valladolid que tome a súa vida en consideración, e reúna todas as probas necesarias para examinala con profundidade e determinar se pode ser considerado como exemplo e como intercesor para todos os cristiáns".

Encarnita foi unha dos principais colaboradoras do fundador en Madrid e Roma nos primeiros anos (1941-1961), e faleceu con fama de santidade o 1 de decembro de 1995.

En 1946 trasladouse a Roma, onde colaborou con san Xosemaría na expansión do Opus Dei polo mundo. Volveu a España en 1961 e colaborou en diversas iniciativas apostólicas onde desenvolveu un intenso labor apostólico e profesional en Barcelona, Oviedo e Valladolid.

En 1980 diagnosticóuselle un cancro. Conviviu coa enfermidade durante quince anos, sen diminuír por iso o ritmo de traballo. Unha intensa vida de piedade levouna a converter a amizade humana en ocasión de axudar aos demais a atopar a Xesucristo.