Apertura do curso académico no Colexio Maior Arosa

Recollemos dous artígos publicados o 19 de outubro de 2012 nos xornáis: "El Correo Gallego" e "La Voz de Galicia", con motivo da apertura de curso do Colexio Maior Arosa [Santiago]

O pasado 18 de outubro tivo lugar a apertura do curso académico no Colexio Maior Arosa (Santiago de Compostela) . O encargado de impartir a conferencia inaugural foi o prestixioso catedrático de física Carlos Pajares, que abordou un tema de actualidade científica como é o descubrimento do Bosón de Higgs.

O descubrimento do bosón de Higgs é coñecido por todo o mundo, pero a importancia do mesmo escápaselle á maioría dos mortais. Carlos Pajares, catedrático de Física Teórica da USC, arroxou luz sobre este asunto nunha conferencia pronunciada no Colexio Maior Arousa. O bosón de Higgs é «crucial» para entender o esquema actual das partículas máis elementais coñecidas e dinos como se orixina a diferente masa de elas» e permítenos entender «por que dúas do catro forzas son diferentes na actualidade e como se fixo a diferenciación».

El Correo Gallego, La Voz de Galicia