Acerca da película "Camiño"

Comentarios do voceiro da Oficina de información do Opus Dei acerca da película "Camiño".

Do Opus Dei

Ofrezo uns comentarios sobre a película "Camiño", realizados dende o respecto ao traballo creativo dos autores e á boa fe subxectiva dos que interviñeron nesta longametraxe.

Como recoñeceu o propio director na presentación da película, ás veces as radiografías saen desenfocadas. Esta é unha radiografía falsa e manipulada do Opus Dei, do que ofrece unha visión moi distorsionada. Miles de persoas do noso país coñecen de primeira man a vida cotiá das mulleres e dos homes do Opus Dei, e outras moitas -crentes ou non crentes-, participan e benefícianse das múltiples iniciativas médicas, educativas ou de solidariedade, da atención espiritual da cal se encarga a Prelatura del Opus Dei. Eles sentirán que a película deforma temas esenciais, e parte dun prexuízo moi negativo sobre as actitudes, sentimentos e intencións que moven ás persoas que forman parte desta realidade da Igrexa.

Desexaría que esta película fose ocasión para que moitas persoas coñezan cos seus propios ollos a realidade do Opus Dei. As portas están abertas para os que desexen coñecer de forma directa esta institución da Igrexa Católica. As súas oficinas de información -www.opusdei.es - están a plena disposición dos xornalistas.

A verdadeira vida de Alexia González Barros -que inspirou esta película e ao recordo da cal aparece dedicada- pódese coñecer na páxina web www.alexiagb.org. Alexia faleceu en 1985, aos 14 anos, tras unha dolorosa enfermidade. A Igrexa Católica iniciou o estudio da súa Causa de Canonización. Comparto a dor desta familia ante esa utilización da vida da súa irmá. Sinalou Alfredo González Barros, ante a afirmación de que Alexia faleceu entre aplausos: "Doeume na alma, polo inxusto e terrible de tal aseveración. Non debería facer falta que che diga que a miña irmá Alexia non morreu rodeada de aplausos. Morreu rodeada de cariño".

Os meus comentarios non teñen a intención de crear polémica. Aspiran a ser soamente unha petición de respecto e sensibilidade cara ás persoas que sofren.

Manuel Garrido. Oficina de información do Opus Dei Madrid, 27 de setembro de 2008