Aboalchef [Vigo]

Aboal organiza a segunda edición dun orixinal concurso gastronómico, lúdico e formativo

Do Opus Dei

O pasado 9 de maio no Centro Comercial Gran Vía de Vigo tivo lugar a final da Segunda edición de Aboalchef Vigo. Este ano as concursantes oscilaron entre os 8 aos 13 anos divididas en dous grupos. Esta era a fase final dunha larga carreira na que desde o mes de xaneiro as participantes tiveron 8 clases prácticas e 4 probas de superación.

Ao longo de todos estes meses adquiriron o máis importante: actitude de aprender, traballo en equipo, profesionalidade, limpeza e orde. Neste concurso non só avaliouse a posta en escea na cociña senón a mellora personal de cada participante.

Desde aprender a freir un ovo, escalfarlo ou facer unha boa tortilla, ata emplatar e decorar un bo prato; presentacións e elaboración de filloas e orellas tan tradicionais na nosa terra. Nas probas de superación tamén houbo sorpresas: participaron cos seus pais e varios deles foron o xurado.

Houbo gran emoción na proba final: 1, 2, 3... arriba a caixa! as participantes descubrían baixo a caixa o que debía facer cada un dos equipos: preparación dun aniversario, bautizo ou primeira comuñón con montaxe e decoración incluídas. Nada máis comezar descubriron que non tiñan todos os ingredientes e... a correr polo centro comercial buscando a caixa sorpresa que lles faltaba... e volta á mesa, ao choio...


Os gañadores recibiron diferentes premios para aproveitar o verán: becas para os campamentos de verán en Aboal.