“A través do traballo, colabouro cos plans de Deus”

Diego Álvarez, de 30 anos recén cumpridos, foi durante tres anos militar profesional e dende hai cinco traballa como estibador no porto de Valencia. Está casado con Tania e é supernumerario do Opus Dei.

En primeira persoa

Como coñeciches o Opus Dei?

A través duns tíos meus que viven en Galicia. En 1998 a miña tía Marina faloume do Opus Dei e me puxo en relación cunha persoa da Obra aquí en Valencia. Esa persoa invitoume á Xornada da Xuventude que tiña lugar en maio no santuario mariano de Torreciudad. Alí fixen a miña primeira romería á Virxe. Foi unha sorpresa. Deica aquel momento non era consciente do que era a vida cristiá, pensaba como tantas persoas que iso de rezar ‘non se levaba’, que non era moderno. Dscubrín a devoción ao santo Rosario e comencei a rezalo con asiduidade, cando podía…

E que pasou despois?

Nada especial. Non volvín a entrar en contacto coa Obra ata uns anos despois. Nese intre fíxenme militar profesional. Coa idea de axudar aos demais pensei que era unha boa idea participar nunha misión internacional da OTAN en Kosovo. Xusto antes desa decisión, volvín falar con esa persoa do Opus Dei, que tiña coñecemento dese tipo de misións. Pero foi un contacto superficial. E de feito o meu coñecemento da vida cristiá era moi superficial. En Kosovo estiven catro meses. Alí apoieime moito no Rosario. Entre as tarefas que fixen, escoitei a un crego ortodoxo, co quen trabei certa amizade e, de feito, intercambiamos os nosos rosarios.

Entón, cándo descubriches que o Opus Dei podía se-lo teu camiño?

Á volta de Kosovo, a finais de 2001. Miña nai deixoume unha biografía de san Xosemaría que lle tiña gustado moito. O coñecemento da vida do fundador do Opus Dei supuxo o descubrimento de que podía axudar sempre á xente, no meu propio ambiente, sen necesidade de ir a outros lugares. Comencei a falar cun sacerdote da Obra, a ir a retiros espirituais e a recibir clases de catecismo, pois non tiña idea de nada. Tamén comencei facer oración.

Cambiou a túa vida?

Radicalmente. O espíritu do Opus Dei amosoume que o traballo é máis que un medio de sustento: a través do traballo colaboro cos plans de Deus. Ademais, a formación axudoume a ver que os prexuicios que moitas persoas teñen sobre Xesucristo e a Igrexa -e que eu tiña ata había pouco- proviñan do descoñecemento da realidade. A Obra dame formación, que é algo que necesitas para ti mesmo e para axudar aos demais. Tania -daquela a miña noiva, agora a miña muller- foi quen máis notou o cambio.

Cómo é o teu traballo de estibador?, é compatible cunha vida de entrega a Deus en medio do mundo?

Os estibadores adicámonos á carga e descarga de barcos. Trátase dun traballo moi duro, porque os horarios están suxetos a cambios continuos, sábense dun día para outro, o que supón trastornos importantes no sono e nas comidas. Ademais, o manexo de grúas e outras tarefas esixen moita concentración durante as seis horas que dura cada turno. ¡Por suposto que é compatible! Nesas circunstancias, na grúa sei que me espera Xesucristo a cotío. Trato de facer as cousas o mellor posible e de ser un bo compañeiro.

Que te din os teus colegas e amigos cando coñecen o teu planteamento da vida?

A xente pregúntame moito sobre a Igrexa e a vida cristiá. Os prexuízos que pode haber no ambiente proceden do descoñecemento, como dicía antes. Eu só teño motivos para dar moitas grazas a Deus por ter atopado o norte, e unha maneira de agradecerllello é axudar aos demais e explicarlles todo o que sei e que vou aprendendo.

Se non é indiscreción, que adoitas pedirlle a san Xosemaría?

Moitas cousas, de todo tipo, pero gusto de pedirlle en ocasións pola paz social no meu ambiente de traballo, pois é conflitivo e ás veces hai enfrentamentos lóxicos entre as propostas da patronal e o comité de empresa. Pídolle que as relacións sexan máis levadeiras. En calquera caso, o nivel de profesionalidade dos estibadores é moi alto. No traballo cúmprese. Cando hai que ceder para mellorar, cédese.