A patroa xa reina nos Pireneos

A patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes foi entronizada o domingo no santuario oscense de Torreciudad

Un momento da procesión coa virxe dos Ollos Grandes en torno ao santuario oscense.

O PIRENEO xa é territorio da virxe dos Ollos Grandes. A patroa de Lugo foi entronizada o domingo no santuario oscense de Torreciudad, a onde un grupo de peregrinos lucenses viaxaron acompañando a réplica da Virxe de Lugo, realizada por José Luis García Moreirae bendicida nunha cerimonia celebrada na catedral o pasado mes de marzo e presidida por Luciano Armas.

Os participantes no acto do pasado domingo ían encabezados polo sacerdote Jesús Núñez e protagonizaron unha procesión con bandeo de campás pola explanada do santuario oscense, entoando cantos en honra da patroa de Lugo. Posteriormente celebrouse unha eucaristía, e tras o xantar, deixaron a imaxe da virxe dos Ollos Grandes na galería de advocacións marianas do santuario. Os actos incluíron tamén o rezo dun rosario ao aire libre.

A basílica de Torreciudad levantouse por iniciativa de San Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, en 1975 e é escenario de peregrinacións multitudinarias. A tradición mariana do lugar iniciouse en 1804, ano no que se empezou a venerar a virxe de Torreciudad nunha pequena ermida próxima ao santuario.Sin embargo, foi a partir da construción da basílica cando o fenómeno se expandiu e alcanzou grandes proporcións.

No santuario pirenaico existe a tradición de entronizar unha imaxe da patroa de cada cidade e na actualidade hai unha galería cos talles dunhas 300 virxes, procedentes de distintos puntos do mundo.

Escrivá de Balaguer rezou ante a patroa de Lugo, na súa capela da catedral, en 1947, cando visitou Lugo de camiño a Santiago.

O santo, nacido nunha localidade próxima a Torreciudad, deixou a súa pegada nese lugar, que hoxe se pode visitar de forma gratuíta e que se xestiona a través dun padroado.

El Progreso de Lugo