"Eleva a unha muller e elevarás unha casa"

Antoinette Kankindi, premio Harambee 2017 visita Galicia

Esta filósofa congoleña, profesora de Filosofía Política en Strathmore University (Kenia) e promotora de proxectos sociais, impartiu a conferencia "Promoción e igualdade da muller, motor da sociedade en África". Foi o mércores 15 de marzo ás 20.00 h. no "Club Faro de Vigo". Pola mañá, ás 12.30 h. impartiu unha charla-coloquio no Salón de Graos da Facultade de Dereito desta cidade sobre o mesmo tema, incidindo na formación da muller para desenvolver a súa capacidade de liderado.

Harambee -que en swaili significa "todos xuntos"- é un proxecto internacional de solidariedade con África subsahariana que colabora con proxectos educativos, sanitarios ou asistenciais, impulsados e realizados polos mesmos africanos nos seus países. En 2017 Harambee desenvolve proxectos en Congo, Camerún, Costa do Marfil, Etiopía, Kenia, Nixeria, Sudáfrica, Togo e Uganda.

No "Club Faro de Vigo"

Foi presentada por Dolores Galovart, maxistrada, deputada, cooperante en ONGs e viguesa distinguida. Comezou a conferencia analizando o devandito africano "Eleva a unha muller e elevarás unha casa". Mostrouse convencida de que é imposible mellorar a vida en calquera lugar de África se non se traballa por mellorar a condición da muller e darlle razóns para a esperanza. Expuxo como a muller é gardiá de moitos valores.

Mantendo a mesma humanidade de homes e mulleres, abordou a idea da súa complementariedade. En 2012 logrou que a "Fundación Integrity Action" financiase un dos seus proxectos sobre Ética e Gobernabilidade para participar en política con sentido ético e de servizo ao cidadán. Co seu programa "African Women Leadhership" logrou, entre outros proxectos, que unha xornalista que fundou unha empresa produza fornos solares para as casas máis humildes ou mozas que exporten moda a través de internet.

Na "Facultade de Dereito"

Foi presentada por Carmen Ruiz, profesora titular de Dereito Tributario e Financeiro desta Facultade e por Fernando García, delegado de Harambee en Vigo. Presentouse un breve vídeo sobre os fins de Harambee. O acto contou co patrocinio do Consello Social da Universidade.

Incidiu en condutas éticas que manifestou son necesarias para conseguir traballo de calidade e xerar emprego. Entre elas, gañarse a confianza para gañarse o respecto; madurez para exercer a liberdade para o que convén; ter máis presente a colaboración que a competencia; saber "tender pontes", particularmente as mulleres, para que as cualidades que lles son innatas póidanas difundir.

Na Prensa: https://opusdei.org/gl-es/article/kankindi-premio-h...