A mensaxe do Opus Dei e os sacerdotes

A Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ten como fin fomentar a santidade dos clérigos seculares segundo o espírito e a praxe ascética do Opus Dei (cfr. Beato Xoán Paulo II, Const. Ap. Ut sit , 28-XI-1982, preámbulo e art. I).

A mensaxe do Opus Dei sobre a santificación do traballo profesional diríxese tamén aos sacerdotes seculares.

Os sacerdotes incardinados nas diversas dioceses únense á Sociedade -movidos por unha vocación divina, como os demais fieis do Opus Dei- para atopar apoio e estímulo na súa procura da santidade no seu ministerio sacerdotal, que abarca todas as dimensións da súa existencia.

En efecto, o mensaxe do Opus Dei sobre a santificación do traballo profesional diríxese tamén aos sacerdotes seculares, pois "se cabe falar así, para os sacerdotes o seu traballo profesional, no que se han de santificar e co que han de santificar aos demais, é o sacerdocio ministerial do Pan e da Palabra" (cfr. A. de Fuenmayor, V. Gómez-Iglesias, J.L. Illanes, El itinerario jurídico del Opus Dei , Eunsa, Pamplona 1989, p. 289).

Esta mensaxe implica unha radical toma de conciencia das esixencias de santidade e apostolado derivadas do bautismo e posteriormente reforzadas na ordenación sacerdotal, en plena conformidade coa propia condición diocesana. Os sacerdotes da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz reciben do Opus Dei axuda espiritual e, sobre todo, un espírito que leva a valorar o don do sacerdocio ministerial na Igrexa, descubrindo en todas as circunstancias da vida unha constante invitación ao encontro con Deus, segundo o exemplo de Xesucristo, e a entregarse por amor ao servizo dos homes, especialmente dos máis necesitados.

San Xosemaría e o Opus Dei: un servizo á Igrexa

O Opus Dei proporciona aos seus fieis a formación adecuada para que desenvolvan -cada un no seu propio lugar na Igrexa e no mundo- unha actividade apostólica multiforme, promovendo á súa ao redor o ideal da chamada universal á santidade. De maneira análoga, a Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz ofrece aos seus socios e aos clérigos que participan das súas actividades uns medios espirituais para soster e apoiar a vida interior, a formación doctrinal e pastoral, e a unión fraterna entre os sacerdotes. Precisamente aí está a misión da asociación: un traballo sacerdotal cheo de comprensión, de amor, de espírito de servizo en favor da Igrexa e de cada diocese en particular; unha axuda aos presbíteros diocesanos, por quen o Señor quixo que o Opus Dei senta unha especial solicitude.

Esta axuda espiritual fomenta as virtudes sacerdotais, como a caridade pastoral, que é entrega e celo polas almas (cfr. Decreto Presbyterorum Ordinis, nn. 14-17; Beato Xoán Paulo II, Ex. ap. Pastores dabo vobis, nn. 15, 20-24), a piedade, a ciencia, o interese polos apostolados diocesanos, o amor e veneración ao Ordinario do lugar, a preocupación polas vocacións e polo seminario. De modo particular, aviva a práctica dunha fraternidade fonda cos demais sacerdotes, que leva a promover activamente a máxima unidade en todo o presbiterio diocesano.

San Xosemaría procurou, tamén coa súa predicación, espertar en todos os cristiáns a responsabilidade de cooperar para que aumenten as vocacións sacerdotais. O empeño por suscitar vocacións corresponde a todo o pobo de Deus e, de maneira especial, aos bispos e aos sacerdotes. Por tanto, este importante aspecto aparece no primeiro plano da formación dos socios da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, tendo en conta as indicacións dos Ordinarios diocesanos. O primeiro é a oración: Rogade, por tanto, ao señor da mies que envíe obreiros ao seu mies (Mt 9, 38).