"A liberdade relixiosa constitúe un dereito universal e inviolable."

O Cardeal Julián Herranz diserta sobre liberdade relixiosa nas Xornadas sacerdotais de Olbeira, en Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Do Opus Dei

Cerca dun centenar de sacerdotes de todas as diócesis de Galicia reuníronse o 8 de novembro no Centro de Convivencias de Olbeira, en Vilanova de Arousa, para celebrar as XXXI Xornadas de Cuestións de Actualidade, organizadas polo Centro de Encontros Sacerdotais Porta do Camiño, de Santiago de Compostela.

Mons. Julián Herranz, Presidente da Comisión Disciplinar da Curia Romana e Presidente emérito do Pontificio Consello para os Textos Lexislativos, impartiu a súa conferencia sobre “A liberdade relixiosa e democracia” e analizou a natureza e os límites do dereito fundamental á liberdade relixiosa, en armonía -non en contraste- co patrimonio das tradicións culturais propias de cada país.

Para o Cardeal Herranz, a liberdade relixiosa significa que ningunha persoa pode ser forzada a actuar contra a súa conciencia, nin debe serlle impedido de profesar a súa relixión en privado ou en público, pois, citando a Xoan Paulo II: “a liberdade relixiosa está na base de todas as demáis liberdades e inseparablemente unida a elas ". Para xustificar esta afirmación, glosou algúns puntos da “Declaración Universal de Dereitos Humanos”, aprobada pola Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas en 1948 e da Declaración Dignitatis humanae do Concilio Vaticano II sobre a liberdade relixiosa.

Ao pasar estos corenta anos, -según el- nalgunhas democracias occidentais, os términos "neutralidade do Estado” ou “laicidade do Estado” son interpretados ou aplicados de maneira incorrecta, ou mesmo de forma agresiva, falsamente presentada como “voluntade popular”. “Así ocorre –dixo- cando a liberdade religiosa é concebida como unha benigna concesión do Estado ao cidadán ou ben cando o concepto de `laicidade´ enténdese ou convírtese de feito en `dictadura relativista ou agnóstica´: é decir, nunha actitude negativa, que aínda que non o declare abertamente parece que quixese expulsar do ámbito público todo o relixioso `como se Deus non existise´”.

O Cardeal Julián Herranz entre D. Borja de León, Vicario do Opus Dei en Galicia e D. José María Santana, director de Centro de Encontros Sacerdotais Porta do Camiño

Máis adiante sinalou que " o recoñecemento e a garantía do dereito fundamental á liberdade religiosa aseguraron tranquilidade ás persoas e ás familias, paz e benestar á comunidade social, e armonía, comprensión e solidariedade ás relacións internacionais".

Asemesmo asegurou que non sería xusto por parte do Estado, en nacións de elevada maioría de católicos, operar cunha falsa interpretación do principio de igualdade , poñendo en todo á Igrexa Católica, profundamente arraigada neses países dende hai moitos séculos á mesma altura de incidencia histórica, cultural e social de calquera outra comunidade relixiosa , xa que eso sería ignorar as esixencias da realidade social e das conciencias dos cidadáns”.

Tras a conferencia iniciouse un coloquio cos asistentes.

Pola tarde o Cardeal Herranz pronunciou unha conferencia en Santiago de Compostela sobre a figura de Xoan Paulo II e do actual Papa Benedicto XVI, no Instituto Teolóxico Compostelano, ante numerosas persoas. O Cardeal definiu a Xoan Paulo II coma un namorado de Cristo, e insistiu na testemuña que deban dar os cristianos no mundo de hoxe, "sen crear odios nin rencores ". Antes presentou o seu libro "Nas aforas de Xericó" ante os medios de comunicación, no que relata numerosas anécdotas do seu traballo no Concilio Vaticano II, e das súas relacións con Xoan Paulo II e San Xosemaría Escrivá.