A Asociación Xuvenil Tambre de Pontevedra participou tamén na JMJ

Moitos mozos saíron dende a Asociación Tambre para participar como peregrinos na Xornada Mundial da Xuventude (JMJ).

Tambre, dende Pontevedra a Madrid

Un grupo de rapaces de Pontevedra participamos fai uns días na JMJ. A nosa misión era dar unha testemuña da nosa fe e devolverlle a Bieito XVI a visita que nos fixera a Galicia pouco tempo atrás.

A convivencia foi inolvidable para nos. Dende o club Tambre de Pontevedra, tivemos a oportunidade de contemplar e experimentar moi de cerca os milagros da fe "arraigados y edificados en Cristo" (lema da Xornada). Vimos moitas conversións e resolucións de cambio de vida de moitos mozos que facía tempo non trataban a Deus, nin pisaban unha Igrexa. Podo contarvos dúas experiencias relacionadas co sacramento da penitencia. Un amigo estaba a veranear nunha cidade levantina coa súa muller e os seus fillos. Chamáronlle de urxencia, en metade das vacacións, porque xurdiu unha dificultade e tivo que vir a Madrid a resolvela. Coincidiu ademais, que un amigo persoal deste, gravemente enfermo, morreu ese día. Desgusto sobre desgusto, e bastante triste, viu a Madrid a arranxar a dificultade. As cinco do xerán rematou as xestións e decidiu dar unha volta polo Parque do Retiro para descansar. Atravesou o Paseo de Coches e quedou bastante sorprendido ao ver tanto confesionario e unha chea de xente por alí. Confesouse e chamoume porque necesitaba contar a alguén o que lle pasou. Díxome tamén que xa falara coa súa muller e ían voltar con tódala súa familia a Madrid para que todos poidan participar nesta "Festa do Perdón".

Na Praza Cibeles, facendo xuventude

Vin moitos sacerdotes confesándose; vin a voluntarios confesándose; vin a axentes de policía co folleto da confesión lendo atentamente; confesouse persoal da empresa instaladora dos confesionarios e dos responsables da seguridade. Peregrinos, curiosos, veciños, paseantes, deportistas, excursionistas, turistas... Un veciño comentoume, cando xa levabamos uns días por alí e tíñamos xa un pouco de confianza: "confeseime e volvín a revivir a fe que tiña de neno". Contoume que de rapaz rezaba moito, tiña fe. Pero cos anos, as complicacións da vida, a súa fe arrefriouse... E continuou: "téñoche que dicir que son deste barrio e está a vir moita xente coñecida tódolos días. Moitos, xa vellos, gozan co "espectáculo"... ¿enténdesme? E volven as súas casas reconfortados ¡cunha ledicia!